En cumprimento da lei LSSI 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, informámoslle que o presente aviso legal regula o uso do espazo web http://pancervela.com (en diante, ‘espazo web’), propiedade de Panadería Cervela, SL con NIF: B36252484 e domicilio en AVDA. PONTEVEDRA, 101 – 36680 A Estrada – Pontevedra (en diante, ‘Panadería Cervela, SL’).
Con carácter xeral as relacións entre Panadería Cervela, SL cos usuarios dos seus servizos telemáticos, presentes neste espazo web, encóntranse sometidas á lexislación e xurisdición españolas.
O usuario queda informado, e acepta, que se realiza unha reserva usando o sistema de reservas de este espazo web, acepta prover información persoal precisa e completa de maneira que Panadería Cervela, SL saiba quen fixo a reserva e como pode contactar.
Se o usuario non fose a facer uso da súa reserva ou por calquera razón non lle fose posible facer a recollida, debe CANCELAR a súa reserva o DÍA ANTERIOR Á RECOLLIDA ANTES DAS 15:00 H., xa sexa RESPONDENDO Ó CORREO ELECTRÓNICO QUE LLE ENVIOU PANADERÍA CERVELA, SL UNHA VEZ RECIBIDA A RESERVA ou contactando directamente con Panadería Cervela, SL.
Efectuarase unha devolución ou reposición de produto nos casos de que o cliente reciba un artigo defectuoso, en mal estado ou que non corresponda á súa solicitude, sempre baixo a observación do noso persoal.
Calquera reserva pode pagala a través da pasarela de pago habilitada na sección de reservas do sitio web ou ben abonala no momento da recollida. Prohibiráselles o uso do sistema de reservas a aqueles usuarios con reservas sen recoller nin cancelar ou pagar.
Os dereitos de propiedade intelectual do contido das páxinas web, o seu deseño gráfico e códigos son titularidade de Panadería Cervela, SL e, polo tanto, queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade que se poida realizar cos contidos das súas páxinas web nin aínda citando as fontes, salvo consentimento por escrito de Panadería Cervela, SL.
Panadería Cervela, SL resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida no seu espazo web podendo mesmo limitar ou non permitir o acceso á devandita información a certos usuarios.
Panadería Cervela, SL non asume responsabilidade ningunha pola información contida en páxinas web de terceiros ás que se poida acceder por enlaces dende calquera espazo web propiedade de Panadería Cervela, SL. A presenza enlaces nas páxinas de Panadería Cervela, SL ten finalidade meramente informativa e en ningún caso supón suxestión, convite ou recomendación sobre estes.