Pan Cervela produce unha ampla variedade de produtos co obxectivo de satisfacer todo tipo de gustos e demandas dos seus clientes. Na actualidade, conta con máis de 40 variades de pans e especialidades de produtos típicos galegos e o 85% dos produtos que produce son totalmente artesáns.
Pan Cervela, mantendo a súa especialidade no tradicional, tamén se atreve a confeccionar produtos mais novidosos, coma o pan de noces, multicereais, baguettes, baquettinas, chapata e especiais para celíacos. As empanadas de millo e trigo destacan entre a ampla opción de empanadas que Pan Cervela produce. A empanada de millo é un referente na comarca, sendo sen dúbida un dos produtos máis demandados.
En pastelaría, Pan Cervela ofrece tamén un servizo completo, podendo presumir de elaborar as máis deliciosas sobremesas galegas como son a bica, os melindres, o roscón de reis, as roscas en Pascua, os ovos de chocolate, as monas de Pascua, as orellas e as filloas de carnaval, as chulas, os mazapáns e osos de Santo.
Ca mirada posta en seguir ofrecendo novas especialidades, Pan Cervela ten como finalidade continuar elaborando produtos artesáns, marcados polos 60 anos de longa experiencia e tradición, ó mesmo tempo que persistir na procura da innovación no eido da panadaría e repostaría.