Pan Cervela é unha panadería estradense moi coñecida na zona polos seus produtos elaborados de forma artesán.
Naceu no ano 1946 como unha pequena panadería familiar, co paso do tempo, foi crecendo e na actualidade conta con 8 despachos nas localidades de A Estrada, Cuntis, Santiago de Compostela, Caldas de Reis e Moraña.
A súa central, obradoiro de pan e pastelaría, almacén e oficinas, sitúase na Avenida de Pontevedra, nunha nave 600 metros cadrados.
A historia de Pan Cervela da comezo cando Manuel Cervela Loureiro e Mª del Carmen Zamar Vázquez fundan e inscriben o negocio no réxime de autónomos, cun capital social de 132,22 euros. Manuel e Mª del Carmen sitúan inicialmente os fornos no lugar estradense de Matalobos e no ano 1951 trasládanos ó centro urbano, á Avenida de Pontevedra, onde actualmente se atopa un dos despachos.
No ano 1995, Pan Cervela constituíuse en Sociedade Limitada, a partir de esta data comézase a experimentar a expansión da panadería e, no ano 1998, abre un novo punto de venda fora da localidade de A Estrada, no Centro Comercial Compostela (Hipercor).
Un ano máis tarde, tivo lugar a construción dunhas novas instalacións para o forno, na mesma Avenida de Pontevedra. Este ano, 1999, foi aínda máis decisivo para o proceso de expansión, a directiva toma a decisión de apostar pola creación de máis despachos e colócase un novo establecemento, esta vez con cafetaría, no centro de A Estrada, na Avenida Calvo Sotelo.
No 2001 absorbeu unha pequena panadería en Cuntis, desta absorción, o xerente da panadería de Cuntis pasou a formar parte de Pan Cervela e estableceuse un novo punto de venda na mencionada localidade.
Uns anos despois, a finais do 2005 producíase a apertura dun despacho na Avenida de Vilagarcía, en Santiago de Compostela, e no centro comercial Supercor no Milladorio (Ames). A comezos do ano 2008, inaugura un despacho no centro de Caldas de Reis e, máis tarde, outro en Moraña.